Veciños de Verducido alertan da caída dun muro en Santa María de Xeve
Por Redacción
A comunidade de montes de Verducido trasladou este venres as queixas dos veciños da parroquia tras a caída dun muro sobre unha leira particular.
Segundo a súa explicación, os veciños xa alertaran do seu mal estado en reiteradas ocasións.
Trátase en cuestión dun muro de contención da estrada provincial EP-0018, dependente por tanto da Deputación, ao seu paso por Santa María de Xeve, concretamente polo núcleo dos Fontáns en dirección a Moraña.
As pedras, de importantes dimensións, caeron sobre unha leira deixando á súa vez ao vial nunha situación delicada ante o inicio da época de choivas, sendo os propios veciños do lugar os encargados de de acordoar a zona para evitar accidentes.