Os socorristas de Sanxenxo realizaron 8.348 intervencións este verán
Por
Desde o 1 de xuño ata esta fin de semana, o servizo de salvamento de praias, formado polos socorristas e sanitarios, realizou un total de 8.348 actuacións, das cales as picaduras de faneca suman un total de 2.175 entre todos os areais do municipio.
O areal que máis actuacións rexistrou foi Silgar con 1.395 incidencias, das cales preto de 400 corresponden a picaduras de fanecas.
Panadeira é a praia con menos incidencias, 123, seguida da Lapa con 185.
Destacan tamén as 1.000 actuacións realizadas entre a moto de auga e a embarcación e os 1.772 rexistros de feridas, traumatismos e outras dores.
O goberno local contrata a 70 persoas que se encargan da vixilancia de praias desde o 15 de xuño. Ademais, unha embarcación do servizo tamén estivo permanentemente, desde esta data, no mar para vixiar todos e cada un dos areais do municipio e atender calquera incidencia.
Os socorristas recibiron formación teórica e práctica de traballo con moto náutica para posibles rescates acuáticos.
A posta a punto e acondicionamento dos areais (colocación de sanitarios e torres de vixilancia, balizamento, melloras en accesos, e outras) e a contratación do persoal de salvamento e limpeza supón un gasto de 685.000 euros.
Relacionadas:
-
Sanxenxo traballa para conseguir tres novas bandeiras azuis
Por Oskar Viéitez |
-
Reaberta ao baño con total normalidade a praia de Major
Por Oskar Viéitez |
-
Evacúan en helicóptero un home ferido cando practicaba paracaidismo en lancha motora en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Auxilian tres surfeiros en apuros na Lanzada
Por Redacción |