A Policía Local de Poio detén con droga a un ladrón multirreincidente
Por Oskar Viéitez
Na tarde do pasado luns 2 de setembro unha patrulla dos axentes municipais observou na rúa Maceira a unha persoa coñecida por numerosos antecedentes por roubos, este ao decatarse da presencia policial fuxiu a pé ata a igrexa donde foi interceptado por un axente.
Este individuo levaba consigo diversas ferramentas que facilitan os roubos así como luvas, 4 teléfonos móbiles e varias doses de cocaína e haxís.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, o detido estivo xunto con outro mozo vixiando algúns locais comerciais da zona.
Dende a Policía Local recomendan precaución "xa que teñen antecedentes por numerosos roubos" polo que se pide a colaboración da cidadanía, "se ves algo avisa".