Combarro volve ao século XV para homenaxear ao seu veciño Cristóbal Colón
Por Redacción & Diego Torrado
Carreira de barrís, lanzamento de alpacas, mercado artesanal, xogos populares e por suposto boas doses diversión a protagonizada polos veciños de Poio e visitantes que se achegaron á celebración do Día de Colón en Combarro.
A vila retrocede un ano máis, e xa van catro, ata o século XV para render homenaxe ao seu veciño máis ilustre, Cristobal Colón, aproveitando de paso para reivindicar de novo a orixe galega do conquistador.
O intenso programa de actividades, que se prolonga durante toda a fin de semana, comezou coa chegada a porto ás 12:30 da mañá da Nao Santa María con Colón e a súa tripulación a bordo.
Os vestidos de época, a ambientación e a colaboración de veciños e comerciantes deron cor a un Dia de Colón organizado pola Asociación de Comerciantes de Poio en colaboración dos colectivos Combrus, Vides Novas e Mare Podium e que xa se consolidou na súa cuarta edición dentro das festas históricas que se celebran en Galicia.