Os afectados pola ampliación do Gran Montecelo aseguran que a Xunta volverá taxar os seus inmobles
Por Redacción
Os afectados polas expropiacións da ampliación do Hospital Gran Montecelo reuníronse este mércores co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro.
No encontro, celebrado na sede da Consellería de Sanidade en Santiago, os afectados expuxeron a súa "desconformidade" coas valoracións das vivendas e negocios realizadas polo Sergas nas que "non se reflicte a situación real das mesmas".
Segundo lles trasladaron, nestas taxacións compáranse as súas vivendas "con outras con valores moi baixos debido ao seu estado, calidades e antigüidade, que non reflicte a realidade das nosas vivendas nin son comparables", polo que expresaron "o noso malestar polos criterios aplicados na valoración dos nosos negocios".
Segundo estes afectados os representantes da Xunta informáronlles "que van volver a valorar os negocios e vivendas realizando unha nova visita".
"A predisposición dos representantes da Xunta foi boa, esperamos que non só fosen boas palabras", engadiron.
Relacionadas:
-
A Xunta prorroga ata o 15 de xuño o desaloxo dos afectados polas expropiacións do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Núñez Feijóo fixa de novo mediados de 2020 para o inicio da ampliación de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
O PP saca peito do proxecto de Gran Montecelo nun encontro electoral con persoal sanitario
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez reúnese cos afectados polas expropiacións do "Gran Montecelo"
Por Redacción |
-
Os afectados polas expropiacións do Gran Montecelo tachan de "roubo" a valoración das súas propiedades
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade aproba expropiar cinco vivendas para construír o Gran Montecelo
Por Redacción |