O sarxento Varela xubílase despois de 43 anos na Garda Civil
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil de Pontevedra comunicou nas redes sociais a súa felicitación e recoñecemento ao sarxento Varela con motivo da súa xubilación.
Juan Antonio Varela Ponte traballou 43 anos como garda civil, dos que 39 estivo destinado na Agrupación de Tráfico.
Os seus compañeiros destacaron del que é unha persoa moi apreciada pola súa valía profesional e humana.
O seu último servizo foi este venres nos controis preventivos despregados en Vilagarcía con motivo da celebración da Festa da Auga.
Desde a Comandancia compartiron unha imaxe dese momento na que o sarxento Varela posa xunto á súa nora e ao seu fillo, que tamén son gardas civís.