Ingresan en prisión catro integrantes e o xefe da rede de narcotráfico desarticulada en Arousa
Por Redacción
O xuíz titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa decretou este mércores prisión comunicada sen fianza para cinco persoas detidas no marco da operación antidroga, denominada Mansalva, desenvolta esta semana na comarca do Salnés.
Entre estes detidos destaca o suposto xefe, Manuel Osorio, ao que a Garda Civil vincula co clan dos Burros. Os detidos son veciños de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia.
No balance deste operativo, foron apresadas once persoas en Galicia. Os outros seis arrestados quedaron en liberdade, coa prohibición de saír de España e coa obrigación de comparecer periodicamente en sede xudicial.
A todos investígaselles como presuntos autores de delitos contra a saúde pública e a cinco súmanlle pertenza a organización criminal.
A operación Mansalva incluíu nove rexistros nos que se han inclutado unha plantación de marihuana e interviñeron diñeiro en efectivo (uns 10.000 euros), teléfonos e vehículos con dobre fondo que usaba a organización para transportar a droga desde Galicia a Valencia.