O espectáculo pirotécnico de Loira xa ten data
Por Almu Dapena
Aínda que tradicionalmente os Lumes de Loira celebrábanse o penúltimo venres de agosto, o Concello de Marín e a Comisión de Festas Praia de Loira optaron este ano por desprazar a celebración para o sábado 24 de agosto, co fin de facilitar a asistencia ás diversas actividades.
Segundo a programación emitida polo Concello, a Charanga Noroeste será a encargada de amenizar a sesión vermú.
A festa continuará pola tarde coa tradicional festa da escuma, inchables e un touro mecánico acompañado pola actuación da Charanga Charandonga.
Ás 22:30, o Grupo Distrito 7 actuará na verbena popular e, a media noite, será a tirada de fogos artificiais para a que o Concello espera gran cantidade de público.
Finalmente, a festa rematará coa actuación do DJ Rubén Díaz.
Relacionadas:
-
As festas de Loira xa teñen data para o seu regreso post covid-19: serán o 27 de agosto
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Mar, paseo e praia énchense para gozar do espectáculo pirotécnico de Loira
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- Loira volveu enmudecer co espectáculo pirotécnico, aínda sen fogos acuáticos
Por Redacción |