Cuarta denuncia nunha semana en Poio por tirar lixo fóra do contedor
Por Redacción
A Policía Local de Poio quere lembrar que "toda conduta incívica ten consecuencias" e, como exemplo, este mércores deu a coñecer que entre a semana pasada e a actual un total de catro persoas foron denunciadas na localidade por tirar lixo fóra do contedor.
A denuncia máis recente produciuse este mesmo mércores. A Policía Local identificou a unha persoa na rúa Antelo e Mariño tras sorprenderlle tirando o lixo fóra do recinto especifico e tramitou a correspondente denuncia.
Ese comportamento, ademais de ser incívico, supón incumprir unha ordenanza municipal e conleva unha sanción de ata 300 euros.
A semana pasada, xa foran sancionados outros tres veciños do municipio polo mesmo comportamento na parroquia de Raxó.