Identifican un veciño de Poio que usaba pasamontañas para estragar as rodas de turismos
Por Redacción
Axentes da Garda Civil identificaron un veciño de 50 anos de idade residente en Poio como a persoa que supostamente tolleu as rodas de catro turismos que se atopaban estacionados no aparcadoiro do peirao de Combarro.
O suceso denunciouse no mes de xuño cando os catro vehículos apareceron coas rodas cortadas durante o mesmo día pola tarde. O Equipo Básico de Inspeccións Oculares ( EBIO) da Compañía da Garda Civil de Pontevedra comprobou que todas as rodas presentaban o mesmo tipo de corte lonxitudinal no pneumático. O oco aberto era tan amplo que resultaba inútil a reparación, aseguran desde a Garda Civil.
Segundo as investigacións realizadas, o presunto autor chegou a Combarro nunha furgoneta e antes de acceder á zona de aparcamento cubriuse a cara cun pasamontañas. A continuación, inutilizaba dúas das cámaras de videovixilancia que se atopan no porto pintándoas cun spray. Acto seguido, o home utilizaba un coitelo ou un puñal para cortar os pneumáticas das rodas dos catro turismos. En apenas dous minutos, o presunto autor realizaba o acto delituoso e ausentábase do lugar.
Ao día seguinte, de madrugada, a mesma persoa regresaba a Combarro para pintar cun spray o caixeiro automático do aparcadoiro do peirao. Tras realizar as investigacións, a Garda Civil ha notificado a este veciño de Poio que se atopa investigado como presunto autor dun delito intencionado de danos materiais por un valor que superaría os 3.000 euros.
As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra, onde será citado o presunto autor para prestar declaración cando sexa citado. A Garda Civil descoñece cal é o móbil deste delito.