Palangreiros de Marín, preocupados polos bloqueos na fronteira mauritano-marroquí
Por Redacción
Integrantes da Organización de Produtores de Pesca de Palangre (Orpal) mantiñan un encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para tratar un tema que lles preocupa nos últimos meses que se debe á situación de bloqueo que sofren nas embarcacións nas fronteiras de Mauritania e de Marrocos.
Representantes da frota de Marín e de Ribeira que faena nesa zona transmitiron á responsable da Xunta de Galicia as dificultades coas que traballan nesa zona e os problemas cos que se atopan os camións que transportan o peixe capturado. Esta situación dificulta o traslado de produtos frescos de pesca a España.
Desde a Consellería sinalan que levan traballando desde febreiro deste ano, cando se rexistraron os cortes en estradas nestes dous países, para tentar buscar unha solución.
Rosa Quintan indicou que o Goberno central ha solicitado xestións para solucionar este conflito, despois de que o goberno galego manifestase a través de carta á secretaria xeral de Pesca a preocupación no sector. A Xunta reclamou ao Ministerio de Pesca a mediación entre Marrocos e Mauritania e a demanda á Comisión Europea de medidas excepcionais como a validación para realizar descargas de peixe no porto de Dakhla por parte dos buques afectados.
Na mesma liña, Rosa Quintana realizou esa solicitude de maneira persoal ao director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea durante un encontro que mantiveron en Bruxelas en febreiro.
O porto de Marín conta con 15 embarcacións de palangre.