Unha incidencia na liña eléctrica causa cortes de luz a máis de 2.000 clientes no centro da cidade
Por Diego Espiño
Moitos pontevedreses amenceron este luns 8 de xullo con cortes na subministración eléctrica.
A empresa subministradora, Naturgy, sinala que se produciu unha "incidencia na liña" afectando a varias rúas do centro da cidade.
En concreto, nun inicio a avaría afectaba a máis de 2.500 clientes da zona de Barcelos, Benito Corbal e tamén de Raíña Vitoria, segundo os datos ofrecidos polo mapa de incidencias da compañía eléctrica. Esa cifra foi rebaixada pouco despois por Naturgy ata os 1.400 clientes.
Segundo explicou o seu departamento de prensa, a avaría localizouse en "un tramo subterráneo da liña eléctrica".
A empresa asegurou que traballaron en restablecer o servizo "canto antes", o que conseguiron ao fío das 10:30 da mañá, dúas horas despois de que comezasen os cortes de luz.
Relacionadas:
-
Unha nova avaría deixa sen luz a 850 casas de Mourente, Marcón e Tomeza
Por Redacción |
-
Novas incidencias eléctricas no centro urbano durante a final do Mundial de baloncesto
Por Anxo Lourido |
-
Novo corte eléctrico de máis de 4 horas de duración no centro da cidade
Por Redacción |
-
Dúas avarías provocan cortes de luz, algúns de máis de 3 horas, en numerosos puntos da cidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello insta a Naturgy a revisar as instalacións de Pontevedra tras os cortes de luz dos últimos días
Por Natalia Puga |
-
Unha incidencia na liña eléctrica deixa sen luz a 2.000 usuarios do centro de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada