Rolda de contactos do PP coas asociacións da cidade
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular Silvia Junco iniciou unha rolda de reunións con asociacións da cidade.
Trátase, explica a súa formación, dunha primeira toma de contacto para coñecer de primeira man as actividades que realizan estes colectivos e as necesidades e dificultades que afrontan no seu día a día.
Junco reuniuse coa directiva da Asociación Virgen de la O, incluída a súa presidenta María Luisa Dónega, e coa da Liga Reumatolóxica, coa súa presidenta Ana González á cabeza. Ademais, tamén se entrevistou coa Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra en compañía do concelleiro popular Martín Martínez.
"Somos un grupo novo e queremos coñecelos e que nos coñezan", sinalou a edil, encargada das áreas de Benestar Social, Igualdade e Turismo.
Esta rolda de contactos terá continuación a próxima semana coa Asociación de Déficit de Atención e Hiperactividade de Pontevedra (Adahpo), a Federación Aspace e a Asociación Xoán XXIII.