Fiscalía solicita 34 anos de prisión para catro acusados de introducir 350 quilos de cocaína polo porto de Marín
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra sinalou para este martes día 25 de xuño o xuízo contra catro persoas acusadas de introducir 350 quilos de cocaína polo porto de Marín.
Entre os acusados encóntrase o fillo dun dos pioneiros do narcotráfico en Galicia, o arousano xa falecido Orbaiz Picos. Se trata de José Luis Orbaiz Quintáns que se sentará no banco da Audiencia xunto a outros tres acusados, entre os que se encontra un dentista madrileño aos que a Fiscalía os acusa de ser os responsables dunha partida de 350 quilos de cocaína que se interveu, en agosto do 2008, no porto de Marín no buque Amanda.
O fiscal antidroga, Luis Uriarte solicita nove anos de cárcere e corenta millóns de euros de multa tanto para Orbaiz Quintáns coma para Miguel Ángel Torres Romero, xa que en ambos os dous concorre a agravante de reincidencia.
Para os outros dous acusados Luis Fernando Cuesta Pérez e Gloria María Hernández Holguín el Ministerio Público solicita oito anos e multa, tamén, de corenta millóns de euros.
Segundo o escrito de acusación en decembro de 2007, os dous principais acusados iniciaron unha serie de contactos para transportar un alixo de cocaína a Galicia, droga que sería introducida polo porto de Vigo ou polo de Marín polo método do gancho cego, é dicir, camuflando a droga nun colector con mercadoría legal.
Deste modo, o 22 de xullo do 2008, concretouse tanto o buque, Amanda, como o seu porto de destino, Marín. A embarcación arribou o 19 de agosto e nun dos seus colectores foron localizados os 350 quilos, que estaban distribuídos nunha ducia de bolsas.