Curso de iniciación á astronomía para terrícolas
Por Redacción
A UNED de Pontevedra presentaba este mércores o curso de "Introdución á Astronomía" que terá lugar do 27 de Xuño ao 17 de Xullo no multiusos de Carballedo, o Observatorio Astronómico de Cotobade e a Escola Naval de Marín.
Ao acto de presentación acudiron Beatriz Rodríguez López, Directora do Centro Asociado, Jorge Cubela, Alcalde de Cotobade, concello promotor da actividade, Ángel Pampillón, membro da Asociación Astronómica Sirio e colaborador do curso e Ana Vázquez Reboredo, Deputada Provincial.
O curso que pretende iniciar a toda persoa interesada na observación astronómica, supón unha oportunidade única para coñecer o noso ceo xa que ofrecerá a todos os asistentes a oportunidade de utilizar as modernas instalacións do Observatorio Astronómico de Cotobade e o Planetario da Escola Naval Militar de Marín.
Ángel Pampillón, membro de á Asociación Astronómica Sirio e colaborador do curso, quixo destacar que "este curso é unha oportunidade única para todas aquelas persoas que queiran coñecer e aprender a orientarse no ceo, recoñecendo as constelacións e manexando o telescopio".
As sesións, que terán lugar en fin de semana, combinarán un ensino teórico práctica, mediante a celebración de relatorios e talleres da man de diferentes expertos.
O curso, aberto a toda persoa interesada, ten unha duración de 40 horas e será recoñecido con 2 créditos ECTS e 4 créditos de libre configuración.