Empezan os ensaios para a gran cantada colectiva do 9 de agosto
Por Oskar Viéitez
O 9 de agosto terá lugar unha nova edición da exitosa iniciativa denominada "Aquí cántase", unha quedada para interpretar cancións populares en masa nas prazas da cidade. Organízao o Concello de Pontevedra de man da Asociación Maravallada.
Para participar non fai falta ter coñecementos musicais previos, nin sequera é necesario ter unha gran voz, tan só ganas de gozar da música e participar nun espectáculo orixinal e único en catro prazas do centro histórico: Ferrería, Curros Enríquez, Charino (nas escaleiras do Teatro Principal) e na Leña.
Interpretaranse 20 cancións do repertorio da música tradicional galega. Repartiranse as letras entre todos os presentes.
Haberá catro ensaios, en horario de 20.30 ás 22 horas. Serán os xoves 9 de maio, 13 de xuño e 18 de xullo no Teleclub de Xeve. Os luns 20 de maio, 24 de xuño e 29 de xullo no centro social de O Grogullón. E o ensaio xeral que terá lugar o 1 de agosto no centro social de Salcedo.
Aínda que non é necesario, se que resulta conveniente inscribirse na web www.pontevedra.gal/supercantos ou chamando ao teléfono 986 804 300 extensión 7107.
Relacionadas:
-
A Asociación Maravallada espera encher as rúas de Pontevedra para celebrar a III Edición de 'Aquí Cántase'
Por Almu Dapena |
-
En Pontevedra 'cántase' para dar a benvida ás festas da Peregrina
Por Diego Espiño |
-
O Aquí Cántase regresa ás Festas de Verán baixo a dirección de Anxo Xesteira
Por Redacción |