Os delitos descenden en Poio ata abril, pero hai un "ligero repunte" nos furtos
Por Natalia Puga
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, presidiu este martes a Xunta Local de Seguridade do Concello de Poio e realizou un balance "en general muy positivo" da situación dos índices de criminalidade e delincuencia no termo municipal. Ao termo da reunión asegurou que entre xaneiro e abril se detectou un descenso dos delitos cometidos en Poio con respecto ao mesmo período do ano anterior, se ben houbo un "ligero repunte" nos furtos e faltas administrativas.
Coello deu conta dos datos expostos na reunión por ao Garda Civil e a Policía Local e valorou que "son resultados aceptables en estos momentos complicados en cuanto a la situación económica", en clara alusión a que noutros puntos da xeografía española e mesmo pontevedresa dende o inicio do período de reflexión económica houbo un repunte nas cifras de delincuencia.
En concreto, nos catro primeiros meses de 2013 os delitos descenderon en Poio un 17,02% con respecto ao mesmo período de ano anterior mentres que nas faltas se experimentou un aumento do 14,71 por cento. Coello indicou que esas faltas foron, fundamentalmente furtos vinculados a pequenos obxectos como teléfonos móbiles e realizou un chamamento á cidadanía a que extreme as precaucións neste sentido.
Así, destacou que tanto a Garda Civil coma a Policía Local realizan "mucho trabajo preventivo" e exercen "mucha presión" para evitar a delincuencia e agora toca aos cidadáns dar o paso "porque somos descuidados, pero hay que procurar tener cuidado porque al final uno se da la vuelta y no tiene el teléfono móvil".
Entre as escasas cifras que achegou o subdelegado do Goberno, insistiu en que ata abril aumentou un 18,75% o esclarecemento de delitos e que nas próximas semanas esa media aumentará porque "el capitán de la Guardia Civil nos anunció que pasarían a disposición judicial en fechas próximas otros delincuentes", se ben non avanzaron máis detalles.
A Xunta Local de Seguridade estivo copresidida polo alcalde de Poio, Luciano Sobral, e contou coa asistencia do xefe da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno e representantes da Garda Civil, a Policía Autonómica e a Policía Local. Todos insistiron na "estrecha colaboración" existente entre todos os corpos de seguridade que traballan no concello.
Ao respecto, o subdelegado indicou que detrás destes "datos muy buenos para una zona de más de 16.000 habitantes" hai "un magnífico trabajo, una magnífica colaboración y comunicación entre la Guardia Civil y la Policía Local". "Hablan a diario y eso redunda en los buenos datos", engade. Tamén nos delitos vinculados coa violencia de xénero, dos que asegura que "no son alarmantes, pero hay que seguir trabajando para erradiciar esa lacra social".
Pola súa banda, Luciano Sobral agradeceu a "confianza" que depositan en Poio tanto a Subdelegación do Goberno coma a Garda Civil, animou a que continúe e eloxiou que "por sorte, vivimos nunha zona tranquila". "Como veciño, sempre tiven a percepción de que é tranquila, non se soen dar demasiadas situacións conflitivas", indicou, se ben recoñeceu que "ao mellor hai que procurar pechar a porta porque temos ás veces a costume de deixar a porta aberta e non preocuparnos.