Cerdedo-Cotobade compra a parcela de Fentáns que acollerá a futura Casa do Pobo
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de pechar a compravenda dunha parcela no lugar de Fentáns que acollerá a futura Casa do Pobo do lugar.
O presidente municipal, Jornge Cubela, rubricou a operación nunha notaría de Ponte Caldelas cos propietarios.
Trátase dunha parcela céntrica, denominada como Porta do Escribano, e que conta cunhas ruínas que se corresponden coa antiga escola de Fentáns.
Tras o trámite, agora procederase ao acondicionamento integral e limpeza da leira para que poida acoller, no seu momento, as obras de construción do local social e, por outra banda, activarase a redacción do proxecto, que xa fora adxudicado para gañar tempo.
"Imos informar ao estudo técnico de que comece canto antes coa redacción do proxecto, xa que queremos axilizar toda a tramitación administrativa e os concursos públicos para que as obras deste novo recinto veciñal poidan comezar no segundo semestre do ano", confirmou Cubela.