Polbo, mexillóns, empanadas, viños e ata unha 'merluzoteca', propostas do novo espazo gastronómico do Mercado
Por Diego Espiño
A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, explicou este xoves as ofertas recibidas para o novo espazo gastronómico que se habilitará no primeiro andar do Mercado de Abastos tras a apertura do sobre que contiña as propostas técnicas.
En total recibiuse 14 propostas, aínda que unha delas foi descartada por defectos na documentación.
Con estas propostas, con varios postos que demandaron 3, 2 e 1 módulo de espazo, "temos unha previsión de 2/3 de ocupación", confirmou Gulías sen descartar unha segunda convocatoria futura ante o interese que asegura seguen a recibir.
Os 13 aspirantes a ocupar os postos da primeira planta do mercado ofrecerán:
- Mexillóns en diferentes variedades
- Comida de pucheiro para levar ou comer en tapa
- Comida vexetariana
- 'Polboteca' con "polbo da Illa de Ons" para levar ou consumir
- Peixe afumado en diferentes variedades
- Almorzos vexetarianos con infusións, batidos, zumes...
- Coctelería
- Viñoteca
- Cervexas artesás
- Empanadas (posibilidade de comprar produto no Mercado e que as elaboren para levar para casa)
- Elaborados a base de polo
- Piadas e zumes
- 'Merluzoteca', con pescada elaborada en diferentes variedades
A previsión de apertura deste novo espazo gastronómico mantense para "antes do verán", confirmou a edil, que se mostrou satisfeita pola calidade das ofertas presentadas que permitirán "ter un primeiro andar cheo de oferta diferente para achegarnos, degustar e sobre todo revitalizar un equipamento municipal como a Praza".
Relacionadas:
-
O 'gastromercado' marca tendencia: "Superamos as expectativas", din os hostaleiros
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
19 de xullo, data prevista para a apertura do espazo gastronómico do mercado
Por Alejandro Espiño |
-
O espazo gastronómico do mercado quere abrir as súas portas en xuño
Por Alejandro Espiño |
-
O mercado de Pontevedra prepárase para abrir o seu novo espazo gastronómico
Por Alejandro Espiño |
-
O espazo gastronómico do mercado de Pontevedra recibe trece propostas
Por Alejandro Espiño |
-
O espazo gastronómico do mercado terá 23 postos e abrirá ata a noite
Por Alejandro Espiño |
-
Esperan que no primeiro trimestre do 2019 estea habilitado o espazo gastronómico do mercado
Por Oskar Viéitez |