O Mareantes presenta a novena edición do Festival San Patricio
Por Diego Espiño
A Praza de España será un ano máis o centro neurálxico do Festival San Patricio organizado polo Mareantes Rugby Club, na súa novena edición.
A celebración, presentada este xoves no Concello, tentará "volver a teñir la ciudad de verde, volver a teñir la ciudad de rugby y sobre todo que sea un ambiente lúdico y festivo", recoñeceu o vicepresidente da entidade, Guille Juncal.
Serán 6 xornadas de festival, desde o xoves 14 ata o martes día 19 de marzo, con apertura da carpa de 12:00 a 0:00 horas de maneira ininterrompida.
Non faltarán opcións gastronómicas, cervexa e ambientación musical, con dous pases musicais por xornada a cargo de grupos locais. Todo iso coa confirmación de que "se van a mantener los precios", sinalou Juncal, o que supón por exemplo pintas de cervexa loura a 3,5 euros e 4 euros a torrada e a negra, mentres que a tapa especial elaborada por Pepe Solla (nesta ocasión polo con mole) terá un custo de 5 euros.
O pasado ano o Festival San Patricio do Mareantes congregou máis de 15.000 persoas na capra da Praza de España, vendendo ao redor de 4.000 litros de cervexa e 7.000 racións de comida.
Un evento que como é habitual servirá, aseguran desde o club, para "difundir el rugby y ayudarnos a llegar a final de temporada".