Comisións Obreiras defende o aumento das pensións para "combater o incremento da pobreza"
Por Oskar Viéitez
Este luns comezou o XI Seminario de Atención ás Persoas Maiores, que organiza Comisións Obreiras (CCOO) ata o mércores, no que o sistema público de pensións está a ser un dos temas que centra boa parte da atención.
O secretario confederal de Seguridade Social de CCOO, Carlos Bravo, un dos maiores especialistas do Estado no sistema público de pensións lembrou que cada vez máis familias galegas dependen de pais ou avós que cobran este tipo de pensións. Daquela, a súa conxelación causa un "grave perjuízo" a amplos sectores da cidadanía, non só ás persoas perceptoras, e, en consecuencia, acelera o "empobrecimiento social" do noso país.
Galicia ten a pensión de xubilación máis baixa do Estado, só 806,8 euros, o que representa 169,08 euros menos que a media, que se situaba en abril en 975,88 euros.
"El sistema de pensiones puede ser todavía mejorado pero solo desde la corresponsabilidad de todos, utilizarlo para abordar la coyuntura económica es un error de bulto porque las correcciones que se hagan sobre las pensiones futuras no nos ayudan a salir de esta crisis y sin embargo nos pueden colocar en peor situación más adelante", dixo Bravo.
O secretario confederal de Seguridade Social de CCOO salientou que unha de cada cinco persoas en España é a día de hoxe pensionista, "en veinte años serán una de cada tres, por lo que su nivel de vida es muy importante para ellos pero también para la demanda interna de consumo del país".
Por esta razón, o sindicato insta a que a contía das pensións sexa acorde co custo da vida, polo que rexeita as pretensións de desligalas do incremento do IPC. Actualmente, as pensións atópanse conxeladas, o que, sumado a que en Galicia son das máis baixas do Estado, provoca un "aumento da pobreza" na comunidade.
Para Bravo "hacen un flaco favor" aquellos que alertan de la necesidad de un fondo de pensiones privado ante el fin de las pensiones públicas "para decirle a la gente que construya ahorro a largo plazo, que es lo que son las pensiones privadas, lo que tienen que tener es empleo y salario, y quien tiene pensiones privadas en este país son las personas de rentas medias y altas, que es lógico, pero son una parte pequeña de la población. La prioridad no puede ser construir cosas que la gente no puede, para destruir aquello que realmente le protege".
Ademais das pensións, no seminario tamén se falará de asuntos como a relación do sindicato con outros movementos sociais, da importancia dunha boa alimentación, dos efectos da crise na vida das mulleres ou da situación actual dos servizos públicos para as persoas maiores.