440.000 euros para mellorar as instalacións da Escola de Cantería
Por Redacción
Avanzar cara a obtención da licenza que permita solicitar a homologación do título. É o obxectivo da ambiciosa actuación que executará a Deputación de Pontevedra na Escola de Cantería. A obra ten un orzamento de 440.000 euros.
Os traballos, que serán executados pola empresa Civis Global, consiste na mellora das condicións hixiénicas, de habitabilidade e de seguridade, medidas correctoras de ruídos e de contaminación acústica, mellora de accesibilidade, melloras no aseos e nos servizos hixiénico sanitarios ou na instalación dos despachos de dirección e coordinación.
Teñen un prazo de execución de nove meses, segundo informou a Deputación.
A Escola de Cantería está dirixida a persoas menores de 35 anos que teñan na súa posesión o título de graduado escolar ou que rematasen o nivel educativo equivalente.
O centro educativo oferta dúas modalidades de formación, a ordinaria, en primeiro lugar, para a formación en canteiro ou mestre, e a específica, en horario nocturno, dirixida a persoas con coñecementos previos en cantería.
Relacionadas:
-
O PSOE lembra ao PP que a Xunta debe asumir a titularidade da Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento a homologación dos estudos da Escola de Cantería
Por Redacción |
-
Carmela Silva lamenta ás protestas ante o curso de canteiros impartido no Centro Penitenciario A Lama
Por Olaya Madrigal & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Por unha 'estornela' dos 'arxinas' homologada
Por Marisa Ciordia |
-
A Escola de Cantería de Poio morre por falta de homologación: 11 alumnos e un millón de euros de gastos anuais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Deputación realizará obras na Escola de Cantería para tentar lograr a homologación do título
Por Redacción |