AEMPE pecha os actos do seu 40 aniversario cun recoñecemento ao seu equipo directivo
Por Redacción
Como peche aos seus actos do 40 aniversario, a Asociación de empresarios da mediana e pequena empresa (AEMPE), celebrou unha comida homenaxe a quen formou parte do equipo directivo durante esta última etapa.
Así se agradeceu o traballo feito nestes últimos anos a Luis Redondo Sayáns, Ernesto Filgueira Touriño, Joaquín Montes Otero, Salvador Santiago Rodríguez, Luis Martínez Trigo, Jose Manuel Fontenla Redondo, Eduardo Barros Pereira e Francisco Álvarez Varela.
José María Corujo, actual presidente da asociación, e o seu equipo tamén anunciaron que presentan a súa candidatura nas eleccións a Xunta Directiva de AEMPE, que terán lugar o vindeiro día 27. Esta candidatura está formada por catorce empresarios.
A listaxe estructúrase nunha presidencia, tres vicepresidencias, secretaría, vicesecretaría, tesourería, intervención e vocais.