Sanxenxo completa a pavimentación de todo o núcleo de Bordóns
Por Redacción
Un investimento global de 99.990 euros destinou o Concello de Sanxenxo ás obras de pavimentación do núcleo de Bordóns, que se completou nos últimos días tras tres meses de obras.
Esta actuación estendeuse ao longo de 900 metros nunha zona que vertebra o núcleo central da parroquia.
O pavimento existente presentaba un firme moi deteriorado, con gretas e importantes fochancas. Isto todo provocado principalmente á súa antigüidade e ao uso, que se incrementa considerablemente na época estival pola actividade turística da zona.
A actuación consistiu en pequenas demolicións e traballos previos para a instalación de canalizacións de recollida de augas pluviais, na execución dos firmes e pavimentos, dotándoos dunha capa de zahorra e soleira de formigón; e finalmente, na pavimentación e o realce de tapas e a instalación da iluminación e a sinalización vertical.
Ao mesmo tempo, o goberno municipal adxudicou por 47.650 euros as obras para a prolongación da rede de abastecemento de auga desde Buezas (Nantes) ata Aldaríz (Padriñán), que serán financiadas con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Son 400 metros lineais, onde se abrirá unha gabia, instalaranse as canalizacións e válvulas e repoñerase o firme afectado.
Relacionadas:
-
Medio Ambiente acondicionará o Roteiro dos Carballos de Aldariz
Por Almu Dapena |
-
Sanxenxo prolonga o abastecemento de auga desde Buezas ata Aldariz
Por Redacción |
-
Comezaron as obras no núcleo de Bordóns
Por Redacción |
-
Sanxenxo inicia un plan de limpeza en 150 quilómetros de pistas e estradas
Por Redacción |