VÍDEO.- Así foi a detención dos narcos que gardaban 650 quilos de coca nun chalé de Pontevedra
Por Redacción
A operación contra o narcotráfico desenvolta esta semana en Pontevedra por efectivos da unidade do GRECO da Policía Nacional saldouse coa intervención de 650 quilos de cocaína, 50.000 euros, catro vehículos, diversa documentación e varios terminais telefónicos.
A actuación policial realizábase na avenida de Buenos Aires, en concreto nun chalé no que se localizou a droga.
As pescudas iniciáronse cando o CTI de Colombia e a DEA Americana alertaron aos axentes da Policía Nacional de que varios galegos atopábanse en Colombia negociando a adquisición dunha partida de substancia estupefaciente.
Desta forma, iniciouse a investigación e identificáronse a varias das persoas implicadas en diferentes puntos da xeografía española. Segundo a Policía Nacional, os investigados atopábanse en Madrid, Ourense e en varias localidades da comarca do Salnés.
Ao longo da investigación logrouse localizar a vivenda na que se almacenaba a droga. Os axentes centráronse en conseguir toda a información necesaria para abortar a distribución da cocaína por España.
Para levar a cabo a intervención, varios dispositivos establecéronse na zona para deter aos investigados e incautar a droga do chalé "gardería" no que se almacenaba a cocaína. Unha vez que comprobaron que un turismo e unha furgoneta entraban na vivenda, un equipo do GEO asaltou a casa e descubriu que os arrestados estaban a ocultar a droga nun compartimento do turismo.
Nesta operación foron detidos seis implicados nesta rede en Galicia e cinco persoas máis en Madrid.
Relacionadas:
-
Condenados tres homes que, tras ser sorprendidos trapicheando, enfrontáronse á Policía Local
Por Natalia Puga |
-
Oito detidos por un alixo de 400 quilos de cocaína que entrou a Pontevedra por Portugal
Por Natalia Puga |
-
Quince detidos de Galicia e Colombia no golpe ao narcotráfico que se asestou desde Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha decena de detidos e 650 quilos de cocaína intervidos nun operativo antidroga con orixe en Pontevedra
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez | Creada e actualizada