O Congreso de Seguridade Viaria de Perú aplaude o modelo de mobilidade da Deputación
Por Redacción
O modelo de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, baseado na prioridade total para as persoas nas estradas e espazos públicos así como no calmado de tráfico para evitar a sinistralidade, foi moi aplaudido acadando un gran recoñecemento durante o Congreso de Seguridade Viaria que rematou este xoves en Perú.
Tanto a organización coma os propios participantes e conferenciantes do encontro iberoamericano celebraron as propostas pontevedresas, felicitando á presidenta Carmela Silva e ao deputado Uxío Benítez tanto en privado como publicamente en diferentes paneis de debate.
Deste xeito, membros do comité científico do Congreso chegados dende México, Costa Rica, Argentina, Ecuador, Panamá, Chile e Perú, entre outros, mostraron a súa intención de buscar a fórmula para adaptar o modelo pontevedrés aos seus territorios.
Tanto a presidenta Carmela Silva como o responsable provincial do departamento de Mobilidade Uxío Benítez mostráronse moi agradecidos e facilitaron os contactos institucionais para recibir en Pontevedra a todas as delegacións latinas interesadas en coñecer en persoa os cambios implementados na mobilidade daa provincia.
Por outra parte, a súa participación neste foro foi agradecida cun recoñecemento avalado polo Instituto para a Formación Profesional e Investigacións da ONU (UNITAR).
Relacionadas:
-
Viaxe formativa a Barcelona para 12 concellos de man da Deputación
Por Redacción |
-
Uxío Benítez propón exportar aos países latinos o Plan Móvese
Por Redacción |
-
A protección dos sectores vulnerables nas estradas, prioridade da Deputación no próximo decenio
Por Redacción |
-
A Deputación presentará o seu modelo de mobilidade no Congreso Iberoamericano de Seguridade Viaria de Perú
Por Oskar Viéitez |