Ferida grave unha nena ao impactar coa cabeza cunha tablet nun accidente de tráfico
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha menor resultou ferida grave e tivo que ser trasladada en helicóptero a un centro hospitalario tras verse implicada nun accidente á saída da ponte da Illa de Arousa.
Segundo a información que manexa a Garda Civil, o accidente consistiu na colisión por alcance entre un turismo e un autobús escolar e a menor ferida circulaba no coche. Trátase dunha nena de tres anos que está en coma..
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia CAE 112 informou de que houbo unha colisión previa entre dous turismos que causou un novo choque entre o bus escolar e outro coche.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, no primeiro accidente víronse implicados dous turismos e non tivo maiores consecuencias. O segundo ocorreu cando un autobús, ao ver o accidente, minora a velocidade paulatinamente ata case deterse.
O vehículo que circulaba detrás, un Audi Q3, non minorou a velocidade e alcanzouno. A condutora do turismo manifestou aos axentes que tivo un deslumbramiento e que sabía que tiña que reducir a velocidade, pero non o fixo. O alcance foi moi violento, de modo que a nena ía en cadeira con sistema isofix e arneses correctamente abrochado, pero resultou igualmente ferida. Segundo transcendeu, impactou coa cabeza en patalla dunha tablet que ía vendo.
Tras o aviso polo accidente, desprazáronse ao lugar dúas ambulancias asistenciais e persoal sanitario do centro de saúde de A Illa e finalmente a nena foi trasladada no helicóptero do 061 o Hospital Clínico de Santiago de Compostela, dada a gravidade das feridas sufridas.
A súa nai, que circulaba no mesmo turismo, tivo que ser evacuada en ambulancia ao Hospital do Salnés. Segundo informou a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, trátase dunha muller de 26 anos.
No momento da colisión, circulaban a bordo do autobús escolar 14 nenos que ían ao colexio dos Salesianos de Cambados e un resultou ferido leve e tivo que ser trasladado ao Hospital do Salnés. O resto resultaron ilesos tras o impacto e, tras evacuar aos feridos, outro autobús recolleu aos escolares para continuar o seu destino.
O sinistro produciuse sobre as 9.10 horas deste luns á saída da ponte da Illa, xa no termo municipal de Vilanova de Arousa, na parroquia de Deiro. A Garda Civil de Tráfico instrúe dilixencias polos feitos e tamén foron mobilizados efectivos sanitarios e os bombeiros de Vilagarcía.