Queixas pola falta de recollida dos contedores de cartón en Juan Bautista Andrade
Por Redacción
A veciñanza da rúa Juan Bautista Andrade e da contorna mostra o seu malestar ante a imaxe que presentan os contedores de reciclaxe de cartón e papel nesta zona da cidade.
Segundo indican os veciños, a empresa concesionaria do servizo de limpeza, Ferrovial Servicios, non recolle o material destes depósitos desde hai máis de 15 días. Ante esta situación, as caixas de cartón e o papel desbordan os contedores e se esparcen polas beirarrúas dificultando, nalgunhas zonas, o paso dos peóns.
En ocasións, os operarios da recollida de contedores de material orgánico retiran as caixas máis voluminosas que se atopan nas beirarrúas, pero co paso dos días a contorna volve aparecer sucia debido a que non se baleiran os depósitos de cartón.
La empresa Ferrovial Servicios viu prorrogado en xuño o seu contrato de recollida de residuos sólidos co Concello de Pontevedra por tres anos máis.
Residentes na contorna de Juan Bautista Andrade reclaman que se preste maior atención a este barrio e se coide a imaxe da rúa que se atopa dentro do trazado do Camiño Portugués a Santiago e é percorrida a diario por centos de peregrinos.