Os cans poderán baixar ás praias de Marín ata o 1 de xuño
Por Redacción
Ao longo desta mañá representantes de Cansdomar, o colectivo que se creou con motivo da prohibición de baixar mascotas ás praias de Marín baixo pena de multa de 750 euros, reuníronse no concello de Marín coa concelleira de Medio e alcanzaron un acordo provisional. Os cans poderán baixar aos areais ata o 1 de xuño. Os representantes do grupo comprométense a non levar ás mascotas cando haxa moita xente e, aconsellan os donos de animais que se acheguen ás praias ou a primeiras horas do día ou cando xa se poña o sol.
O colectivo presentou no Concello varias propostas e do grupo municipal obtiveron o compromiso de que serán estudadas.
Desta forma quedan, polo momento, paralizados os actos de protesta que se desenvolveran nas últimas semanas con "kedadas" ante o edificio do Concello e marchas ata Montecelo.
Por outra parte, o movemento de Cansdomar vai constituírse como asociación en defensa dos animais de Marín coa intención de establecer colaboracións co Concello no futuro. O grupo manterá unha reunión dentro de 15 días e pretende realizar eventos ademais de establecer acordos comerciais con veterinarios e tendas para mascotas.
Relacionadas:
-
Os donos de cans de Marín reclaman un espazo urbano para poder pasear os seus animais
Por Redacción |
-
O colectivo de propietarios de cans de Marín pedirá este luns unha xuntanza á alcadesa
Por Anxo Lourido |
-
Os cans e os donos ensinan os dentes ante o Concello de Marín
Por Anxo Lourido & Manu Cillán |