Pechan ao tráfico as rúas Raíña Vitoria e Alameda para instalar as barracas das festas
Por Redacción
A partir das 23.00 horas deste martes 7 péchanse ao tráfico as rúas Raíña Vitoria e Alameda. A Policía Local avisa da posibilidade de que se rexistren retencións de tráfico debido aos cambios de circulación que veñen derivados deste peche necesario para a instalación das atraccións e as barracas das festas da Peregrina.
Os puntos máis conflitivos serán, á primeira hora da mañá, as entradas pola Ponte da Barca e por San Roque. Por este motivo, a Policía Local recomenda o acceso a través de Domingo Fontán.
A media mañá, entre as 10.00 e as 13.00 horas, espérase concentración de tráfico en Eduardo Pondal cara a Uxío Novoneira, Cobián Areal e Benito Corbal. Establecerase un dispositivo especial de vixilancia con desvíos ocasionais.
Ao redor das 13.00 horas, debido á suma de vehículos que buscan a saída da cidade cara ás zonas de praias, as retencións agárdanse na zona de Xeneral Rubín, avenida de María Vitoria Moreno (antiga Fernández Ladreda) e Manuel do Palacio cara á Ponte das Correntes. Recoméndase utilizar a AP9 como alternativa para desprazarse entre o norte e o sur da cidade.
COIDADO COS VALOS DE SINALIZACIÓN
A Policía Local alerta de que se instalarán valos con sinalización na contorna de Raíña Vitoria e da Alameda. Estes valos buscan, principalmente, garantir a seguridade dos peóns.
As persoas que modifiquen, alteren, oculten ou retiren estas sinalizacións expóñense a multas de 3.000 euros. Tamén se sancionará a aqueles condutores que pasen por unha zona con sinal circunstancial de prohibición cunha multa de 200 euros.
Relacionadas:
-
A Policía Local pide a devolución das taxas do guindastre na retirada de máis de 40 vehículos no Princesa de Asturias
Por Anxo Lourido |
-
As atraccións das festas da Peregrina sométense a exame
Por Redacción |
-
A montaxe de atraccións e do escenario en Praza de España, preludio das festas
Por Redacción |
-
Alameda e Raíña Vitoria, pechadas ao tráfico desde o martes polas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
A ponte da Barca seguirá aberta ata despois das festas
Por Redacción |