Pontevedreses afectados pola estafa de Fórum-Afinsa maniféstanse en Madrid
Por Redacción
Xa pasaron sete anos do escándalo fraudulento de Fórum Filatélico-Afinsa. Un caso no que preto de medio millón de familias en España perdesen os seus aforros coa intervención destas empresas. Entre estes afectados encóntrase un grupo de galegos coa presenza dalgúns pontevedreses. O máis coñecido é Enrique Lareo. No seu caso contaba cun fondo reservado para os estudos dos fillos ou para os imprevistos que puidesen xurdir nun futuro.
Lareo e outras vítimas da fraude viaxaron a Madrid este sábado para manifestarse xunto a outros miles de afectados que reclaman do Goberno unha solución que ofreza garantías aos afectados: "Pídese unha solución xa, despois de sete anos tomándonos o pelo e tratando de desprestixiar os traballadores e simples aforradores".
Este colectivo formado, principalmente, por pequenos investidores recordan que a súa situación é como a dos prexudicados polas preferentes.
Durante a marcha recolléronse sinaturas para presentar unha denuncia ante o Consello Xeral do Poder Xudicial. Os afectados denuncian a lentitude dos procedementos xudiciais neste caso.
A partir desta semana retomaranse novas actuacións de protesta por parte dos afectados dirixidas aos partidos e grupos parlamentarios para reclamarlles unha solución definitiva e satisfactoria para as familias que perderon os seus aforros.