Revisan a canalización da auga en Beiramar para detectar posibles estragos
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal deu orde aos servizos técnicos de Viaqua, empresa que xestiona o servizo de abastecemento de auga e saneamento en Pontevedra, para que revisen o estado da rede que atravesa Beiramar e evitar así futuras avarías por danos.
A decisión, segundo avanzou Raimundo González, adoptouse tras a avaría sufrida nos últimos días no abastecemento de auga a Marín e Bueu. Aínda que non se interrompeu a subministración "en ningún momento", zonas de ambos os municipios notaron certa redución na presión do caudal da auga nos seus domicilios.
O problema, detectado na galería de servizo da praza Irmáns Pazó, xerouse ao descolgarse unha das tubaxes. A subministración de auga a Marín pasou a realizarse a través da canalización antiga e, a través do depósito de Mourente, pola condución construída recentemente por Acuaes para mellorar a subministración de auga na ría de Pontevedra.
A reparación da avaría obriga a realizar traballos de consideración, xa que se debe retirar a cuberta de formigón que protexe a galería e, posteriormente, volver montar as tubaxes. Este labor está a ser realizada por unha empresa especializada.
Aproveitando esta circunstancia, avanzou o portavoz municipal, revisarase o estado dun quilómetro de tubaxes, entre a ponte das Correntes e o río Gafos.
Faise, engadiu, Raimundo González porque a subministración de auga a Marín e Bueu está "garantida" e estes traballos de mantemento non afectarán os cidadáns.
Relacionadas:
-
Dan por emendada a avaría que dificultaba a subministración de auga a Seixo
Por Redacción |
-
Outra avaría en Corbaceiras crea problemas de subministración de auga en Seixo
Por Oskar Viéitez |
-
Unha avaría obriga a utilizar por primeira vez o anel de condución de auga entre Pontevedra e Marín de Acuaes
Por Redacción |