Operativo para restrinxir o tráfico este sábado na cidade pola carreira 'Ponle freno'
Por Redacción
Está previsto que este sábado se desenvolva a proba deportiva 'Ponle freno' polo centro urbano de Pontevedra.
Por este motivo, a Policía Local estableceu un operativo de tráfico con limitacións á circulación que se iniciarán ás 21.00 horas e manteranse ata as 23.00 horas. Tamén esta previsto que se limite, por motivos de seguridade, a incorporación á circulación dos vehículos que se atopen estacionados no trazado da carreira.
A Policía Local estableceu seis puntos de saída para que os turismos non queden atrapados e a circulación polo anel perimetral ao centro urbano non se verá afectada por estas medidas.
Durante esas dúas horas da noite do sábado impedirase o acceso con vehículo á zona afectada pola proba deportiva. Os vehículos que se atopen estacionados poderán saír polo aparcadoiro da Alameda, Pastor Díaz, Augusto García Sánchez, Frei Juan de Navarrete, San Xulián e Santa María.
O percorrido da proba é o seguinte: Praza de España, Riestra, Xardíns de Vicenti, Alameda, Echegaray, Alfonso XIII, Martitegui, Dr. Marescot, Arcebispo Malvar, Barón, Ponte, Serra, Cesar Boente, Sarmiento, Pasantería, Paseo de Odriozola, Benito Corbal, Daniel de la Sota, Castelao, Sagasta, Andrés Mellado, A. García Sánchez, Xeneral Rubín, A. García Sánchez, Praza de Galicia, Andrés Muruais, Peregrina, Michelena e Praza de España.