Os comerciantes de Sanxenxo non queren as casetas de ambulantes tres meses en Portonovo
Por Redacción
A asociación de comerciantes de Sanxenxo, Entretendas CCU, recolleu o malestar da maioría dos seus asociados para manifestar o seu malestar pola instalación de casetas de venda de produtos no paseo marítimo de Portonovo .
Consideran que o período de permanencia é excesivo xa que está previsto que se manteñan no paseo durante tres meses, desde mediados de xuño ata mediados de setembro.
Sinalan que se trata dun período no que se causa un grave prexuízo aos comerciantes que pagan os seus impostos ao Concello durante todo o ano mentres que persoas externas ao municipio "fan o seu agosto situándose nun lugar privilexiado e facéndolles unha competencia desleal que afecta gravemente á súa economía".
Sinalan que na época de máis visitantes, os comerciantes de negocios estables ven afectados pola presenza destas casetas nas que se venden produtos que non son unicamente artesanais. Este descontento xa foi exposto por Entretendas CCU ao goberno local nunha reunión.