Aposta por mulleres emprendedoras en Barro
Por Redacción
O viveiro de empresas de Barro desenvolve a segunda edición de coworking, unha iniciativa posta en marcha pola Deputación de Pontevedra e pola Escola de Organización Industrial (EOI).
Este luns, a presidenta provincial Carmela Silva visitaba as instalacións e ás persoas que participan nas sesións ao longo dos vindeiros cinco meses. Silva estivo acompañada polo alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.
Dos 20 proxectos emprendedores que forman parte deste coworking, 13 atópanse liderados por mulleres. Trátase de propostas que se desenvolven en diferentes ámbitos pero, sobre todo, a maioría céntranse en novas demandas de carácter social que se encontran vencelladas a novas tecnoloxías, que van desde a fotografía dixital, a arqueoloxía, o turismo, a publicidade online ou a tecnoloxía dixital.
As persoas participantes recibirán 40 horas de mentorización personalizada e participarán en máis de 60 horas de formación especializada empregando o espazo gratuíto situado no viveiro de empresas situado en Barro.
Tras esta visita, as autoridades trasladáronse ao FabLab (Laboratorio de Fabricación Dixital) que a entidade provincial está impulsando no municipio.
Relacionadas:
-
Pistoletazo de saída á terceira edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
O 66% das iniciativas postas en marcha no coworking de Barro, lideradas por mulleres
Por Redacción |
-
Unha procesadora de mariscos creará unha trintena de empregos no polígono de Barro
Por Redacción |
-
Carmela Silva, "alucinada" coas críticas do PP á xestión da Deputación no polígono de Barro
Por Diego Espiño |
-
O PP acusa o goberno da Deputación de pasividade na xestión do Polígono de Barro
Por Redacción |
-
Vinte proxectos emprendedores participarán na segunda edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
Remata a primeira edición do coworking de Barro
Por Redacción |