Éxito de participación na feira do libro usado dos centros escolares de Marín
Por Redacción
A Alameda de Marín encheu de visitantes durante a mañá do sábado grazas á feira do libro usado na que participaban os centros escolares do municipio.
A feira estaba organizada polo IES Mestre Landín coa colaboración do resto de colexios, ANPAS e o Concello.
Trátase da sétima edición do evento, que tiña como obxectivo conseguir un intercambio de ata 5.000 libros.
Os libros non necesitados foron entregados nos centros educativos, o Concello, a Biblioteca ou o Ateneo Santa Cecilia, obtendo uns vales cos que se podían intercambiar por outros exemplares durante esta xornada.
Completando as actividades ás 12:00 horas os pequenos puideron gozar dunha sesión de contacontos a cargo de Raquel Queizás desde o palco da música.