Artesanía solidaria "made in Marín"
Por Manu Cillán
A Asociación Marinense de Artesanos (AMAR) organizou este sábado unha feira de artesanía solidaria, que se celebrou acompañada dunha recollida de alimentos non perecederos para diferentes organizacións benéficas como Cáritas ou o Comedor Social.
A asociación AMAR naceu coa finalidade de unificar esforzos entre os obradoiros existentes no Concello de Marín, para desenvolver actividades de promoción e dinamización da artesanía local.
Por exemplo a dinamización de Casas de Cultura, o apoio a festas e eventos que se desenvolven dentro do Concello, participando como expositores ou proporcionando actividades e talleres que sirvan non só para a promoción do sector senón tamén para a revalorización cultural das festas.