ENCE presentará a finais de xullo o seu proxecto de mellora paisaxística
Por Redacción
Ence quere lograr que o seu Centro de Operacións de Pontevedra acade o máximo nivel de integración co seu ámbito natural, proxectando ademais unha imaxe de progreso e desenvolvemento económico e tecnolóxico respectuoso co medio ambiente. ÿ por iso que a empresa convocou en decembro do pasado ano un concurso para pedir ideas para unha intervención arquitectónica que permitise integrar visualmente o seu Centro de Operacións de Pontevedra na súa entorna. Os membros do xurado do Concurso reuniranse por primeira vez no mes de maio para analizar os proxectos recibidos.
O xurado de Concurso intégrano o paisaxista Luis González-Camino, o arquitecto Enrique León García, o historiador e presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares, e tres representantes de Ence: o presidente da compañía, Juan Luis Arregui; o conselleiro delegado, Ignacio Colmenares; e o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal.
As deliberacións do xurado na primeira fase do concurso produciranse ao longo do mes de maio e concluirán o día 3 de xuño coa selección dun máximo de cinco propostas. Despois publicaranse no sitio web do concurso os lemas dos 5 proxectos seleccionados para a segunda fase xunto coa acta que recollerá as conclusións do xurado e as observacións pertinentes referidas aos proxectos seleccionados. Os autores e/ou autoras das propostas finalistas terán ata o 5 de xullo para continuar traballando nos seus proxectos de cara á fase final do concurso.
Os proxectos seleccionados recibirán os seguintes premios: o primeiro 40.000 euros, o segundo 15.000 euros, e un máximo de 3 accésits de 2.500 euros cada un.