O PP interésase pola cesión dun edificio para a ANPA do Álvarez Limeses
Por Oskar Viéitez
A Asociación de Nais e Pais do colexio Álvarez Limeses interesouse pola posibilidade de obter a cesión dun edificio municipal situado no recinto escolar e que está en estado de abandono, con obxectivo de rehabilitalo e dedicalo a actividades pedagóxicas da comunidade educativa do centro.
O voceiro do grupo do PP, Jacobo Moreira, interpuxo unha pregunta formal sobre este tema para que sexa contestada persoalmente polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, no vindeiro pleno da corporación, que terá lugar o próximo luns.
O escrito sostén que a ANPA "vén desenvolvendo unha encomiable labor en prol do centro" e lembra que "hai uns anos conseguiu restaurar unha das antigas casas de mestres que se emprega hoxe para prestar os servizos de comedor, Plan Madruga e diferentes actividades extraescolares, recuperándose deste xeito un edificio público en ruína".
A idea da ANPA é habilitar os dous primeiros andares para salas de uso múltiple e a segunda planta dedicala a oficinas. O colexio podería utilizar o edificio polas mañás para necesidades lectivas e deixalo para actividades extraescolares de carácter formativo da ANPA ou a FANPA nos horarios libres. O presidente da asociación de nais e pais presentou formalmente a petición de cesión do edificio esta mesma semana.
Relacionadas:
-
O PP apoia o ANPA do Álvarez Limeses para que o edificio anexo se reforme e poida ser utilizado
Por Redacción |
-
O colexio Álvarez Limeses pide ao Concello que solucione o problema de limpeza no seu comedor
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa a Lores de tratar con "indiferencia" á comunidade educativa do Álvarez Limeses
Por Redacción |