Os socialistas piden explicacións pola publicación dunhas prazas non aprobadas polo pleno
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
"Con absoluta incredulidade". Así se manifestou o portavoz del grupo socialista, Tino Fernández ao coñecer que o goberno local enviara a publicar no Boletín Oficial da Provincia, unha modificación da Relación de Postos de Traballo (RTP), "antes de que se cumprimentase o trámite de aprobación plenaria".
"Isto é indignante e incrible. Actúan como se esto fose unha república bananeira. O alcalde Lores despreza ao pleno e aos representantes dos veciños e veciñas", manifestou o portavoz socialista.
A modificación da RPT, que foi aprobada inicialmente pola Xunta de Goberno, tiña que pasar o tramite da aprobación plenaria mediante unha modificación do cadro de persoal. No pleno do venres foi rexeitada por a maioría da corporación. Ese mesmo día, saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) "o que quere dicir que a remitiron antes de que pasase polo pleno".
Os socialistas queren que o goberno explique como é posible mandar a publicar a creación dunhas prazas (dúas prazas de persoal administrativo e unha de técnico para o servizo de Intervención) para as que non hai dotación orzamentaria.
Dende o grupo municipal entenden como "moi grave" esta actitude do goberno municipal, polo que pedirán unha explicación na próxima comisión de Réxime Interior.
Horas despois de que os socialistas pediran explicacións, a Concellaría de Persoal fixo público un comunicado para aclarar que respecta a decisión plenaria
e non creará novas prazas e para sinalar o seu "estupor" polo feito de que o grupo municipal socialista descoñeza como se artella esta área no Concello e o seu funcionamento habitual, especialmente tendo en conta que foi un departamento xestionado polo grupo socialista en mandatos anteriores, mesmo coa figura dun director xeral externo.
Desde o goberno local consideran que se trata dunha "confusión inducida polo grupo municipal socialista" sobre a aprobación da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) por parte da Xunta de Goberno e a súa publicación no BOP, e o trámite levado ao pasado pleno de modificación do cadro de persoal que non saíu adiante polo voto en contra de todos os grupos políticos da oposición municipal.
O goberno local aclara que a aprobación e modificación da RPT é unha competencia única e exclusiva da Xunta de Goberno e en ningún caso, o pleno é competente para modificar ou crear postos da organización municipal. A Xunta de Goberno, hai uns días, acordou aprobar inicialmente a modificación da RPT e sometela a información pública -tal e como se vén facendo habitualmente-. Ese é o contido da publicación no BOP.
A RPT non é o mesmo que a aprobación da modificación do cadro de persoal, que é competencia do pleno. Como non foi aprobada, non se enviou nin enviará ningún anuncio de aprobación.
Ademais, o goberno local quere deixar claro que a modificación da RPT aprobada pola Xunta de Goberno non pode ser aplicada se non hai partidas orzamentarias na que apoialas, polo tanto, non poderá entrar en vigor.