Convidados como sempre de luxo e para esta ocasión: Sonia Méndez, directora do festival que durante o programa sinala como iniciativa máis ilusionante, e nova nesta edición, foi o taller kamikaze, no que por certo tomaron parte os mozos de Porco Bravú.
Iago Fernández, xornalista, director de"Tentaciones" do PAÍS, foi responsable editorial de VICE en Madrid e director do programa de radio "La Realidad Definitiva". A súa traxectoria profesional inclúe as revistas Rolling Stone ou Esquire, Expansión, ou a emisora Yu.
O humorista, actor, guionista, director... David Sainz e Teresa Segura, un dos nomes propios femininos das series para internet tamén se divertiron coa transición. Non podía faltar nesta Transición de PontevedraViva Radioa presenza de Jorge Boquete; e aínda que non en presenza si en esencia, tamén se sumou Javi Lopa.