A Policía Local detén un home por golpear a súa parella
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra detivo unha persoa por un presunto delito de violencia de xénero.
Segundo informou a Xefatura da Policía Local, o suceso tivo lugar sobre as 02:00 horas do pasado domingo día 15 de abril. O arrestado é un home, de 24 anos de idade.
Unha patrulla de axentes municipais acudiuse no domicilio dunha muller de 24 anos que asegurou ser agredida polo seu compañeiro.
A muller tiña varios moratóns por diversas partes do corpo que ao parecer foran producidos pola súa parella, tras unha discusión e forcexeo con resultado de lesións a muller. A moza denunciou que esta non era a primeira vez que sufría malos tratos.
Ante estes feitos os policías procederon a detención do home un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais para a súa posterior comparecencia nos xulgados de Pontevedra.