Un menor de cinco anos, ferido ao ser atropelado en Médico Ballina
Por Redacción
Efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia prestaron asistencia este martes a un neno de cinco anos que foi atropelado na rúa Médico Ballina de Pontevedra.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o atropelo rexistrouse sobre as 14.30 horas deste martes á altura do número 15 da rúa Médico Ballina.
Os primeros alertados polo sucedido foron os traballadores sanitarios do 061, que deron aviso ao 112 Galicia.
A partir de aí, dende o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil de Pontevedra.