Urxen unha intervención no Calvario de Xende
Por Redacción
O portavoz do PSdeG-PSOE no Concello da Lama, Enrique Vaqueiro, pediu a través dun escrito presentado este xoves no rexistro do Concello unha intervención da brigada municipal ou a apertura dun expediente de disciplina urbanística para solucionar o problema das árbores no calvario do Santo Cristo de Xende.
"A situación desas árbores, acacias e piñeiros, é insustentable", afirmou Vaqueiro.
Segundo explicou o portavoz socialista, con frecuencia veñen sucedendo caídas destas árbores e ata agora "tivemos a sorte que chocan entre si".
Asegura que o goberno local xa ten coñecemento desde hai meses da actual "situación de perigo". Agora o grupo socialista reclama a intervención da brigada municipal "para eliminalos" ou ben, que se incoe un expediente de disciplina urbanística "para solucionar o problema", rematou Vaqueiro.