Denuncian deficiencias e falta de persoal no Centro de Maiores de Campolongo
Por Redacción
O comité de empresa da Consellería de Política Social iniciou unha campaña para alertar do risco que existe na Residencia de Maiores de Campolongo para os usuarios debido á falta de persoal e ás deficiencias que se rexistran neste centro, dependente da Xunta de Galicia.
Os representantes laborais afirman que levan desde finais de 2015 avisando e trasladando á Consellería a "situación perentoria" destas instalacións. Pero ata o momento, indican, non se rexistrou ningún cambio.
Reclaman a creación dunha enferemería; a reformulación do servizo de ascensores, actualmente insuficientes e pouco adecuados para persoas con mobilidade reducida; a instalación de tomas de osíxeno e de aspiración nas habitacións; a modificación do terceiro e cuarto piso para adaptalo ás persoas que o utilizan; a modificación de usos do montacargas e a mellora do departamento de cociña.
Sinalan que é grave a situación nos comedores ao carecer de elementos necesarios para a seguridade dos usuarios. Por este motivo, ven obrigados a recibir a alimentación nas súas camas aumentando o risco de morte por atragantamientos ou aspiracións, segundo denuncian desde o comité de empresa.
Tamén reclaman comedores e salas de estar en todas as plantas, cambios no acceso á cafetería, maquinaria na enfermería, comedor, lavandería e cociña.
En canto a persoal, os representantes laborais afirman que é necesaria a contratación de dúas persoas para a enfermería, cinco auxiliares de enfermería e un profesional para a cociña.
O comité de empresa xa denunciou a situación enviando escritos á Valedora do Pobo, Inspección de Traballo, Fiscalía de Pontevedra, Deputación Provincial, Concello de Pontevedra e aos catro grupos con representación no Parlamento de Galicia.