Un camión perde o container de carga nunha rotonda de Vilagarcía
Por Aitana Vidal
Arredor das oito da tarde, o condutor dun camión que pretendía tomar a rotonda que enlaza o Porto de Vilagarcía con Vilaxoán quedou sorprendido ao comprobar que o container quedaba atrás.
O recipiente de carga soltábase da cabina xusto á altura do sinal do ceda o paso. O incidente provocou preocupación entre os outros condutores que circulaban pola zona xa que o container perdeu a estabilidade e se temía que puidese envorcar sobre a calzada.
Ata a zona desprazouse unha dotación da Policía local que tivo que limitar o tráfico na zona ata que se logrou enganchar a cabina do vehículo co container da empresa de transporte marítimo Nenufar.