Volven deter unha parella que leva roubados 2.500 litros de gasoil
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación de dous homes e unha muller, propietaria do vehículo que contiña o gasoil subtraído e que xa foi detida o 16 de xaneiro xunto cun dos homes por feitos similares.
Son veciños de Pontevedra, de 31 e 38 anos de idade respectivamente, el con múltiples antecedentes policiais, como presuntos autores do furto de varios litros de gasoil.
Os feitos sucederon sobre as 00.30 horas da madrugada do día 18 de febreiro, cando unha dotación policial da Comisaría de Pontevedra que realizaba labores de prevención da delincuencia pola zona do Nó do Pino, observaron a presenza dun vehículo coas luces apagadas e un individuo cun vulto na man na parte posterior que ao detectar a presenza policial tratou de fuxir do lugar.
Os axentes que formaban parte dun dispositivo especial para tratar de paliar os roubos denunciados ata en nove ocasiones en diferentes puntos da cidade, zonas de estacionamento de maquinaria pesada e obras públicas interceptaron o vehículo e identificaron os ocupantes
Os axentes realizaron un rexistro no vehículo e localizaron no maleteiro dúas garrafas de gasoil, luvas e lanternas.
Postos en contacto co encargado de obras e unha vez efectuada unha requisa nas máquinas botou en falta 400 litros de gasoil en dous delas
Os axentes identificáronos por un delito de furto e trasladáronos a dependencias policiais onde prestaron declaración por estes feitos.