O Santo Cristo de Xende contará dende este ano con dúas rutas de peregrinación
Por Diego Espiño
Converter ao Santo Cristo de Xende nun referente para a provincia de Pontevedra é o obxectivo das dúas rutas de peregrinación ao santuario que se habilitarán nos próximos días.
Un dos principais impulsores do proxecto, o voceiro socialista da Lama Enrique Vaqueiro, explicou que se habilitarán dúas sendas dende Doade (Beariz) ata Xende, co mesmo punto de saída. A primeira pasará polas Ermitas, con 19 quilómetros de lonxitude, e a outras farao polos antigos camiños reais de Liñares e Paradela, unha ruta de 23 quilómetros, "es aproximadamente la longitud de una etapa del Camino de Santiago".
Vaqueiro espera que as rutas axuden a dinamizar o Cristo de Xende e á súa popular romaxe, "hay mucha gente que lo va a hacer por devoción y otros como opción de ocio, pero el caso es que conozcan A Lama".
Cada persoa que realice a peregrinación recibirá unha cartilla 'romeira' nos bares para ser selada nos centros sociais indicados ao longo do camiño e finalmente recibir o selo parroquial en Xende e a firma do párroco.