O Goberno ratifica a remodelación da Praza de Abastos e lonxa vella de Cambados
Por Redacción
O Consello de Ministros ratificou a autorización provisional para a subscrición da adenda de modificación ao convenio de colaboración, subscrito o 30 de decembro de 2014 entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cambados para a realización e financiamento das obras de remodelación da Praza de Abastos e Lonxa Vella.
A adenda modifica varias cláusulas do citado convenio, que se estende ata o 31 de decembro de 2020.
Mantense o orzamento máximo de 3.600.000 euros.