Barro acolle o terceiro festival solidario "Música x alimentos"
Por Redacción
O vindeiro domingo día 12 de novembro, vaise celebrar a terceira edición do festival solidario "Música x alimentos", organizado polo Concello de Barro, que dará comezo ás 17:30 horas na Nave da Música, no lugar de Outeiro, en Perdecanai.
Os alimentos que se recollan o domingo serán distribuídos polos servizos sociais do Concello entre aquelas familias que máis os necesiten.
Neste festival actuarán de forma desinteresada, igual que o fixeron nas edicións anteriores, a Coral Polifónica de Barro, o Grupo de Danzas Amor Ruibal e a Banda Xuvenil de Barro, e a presentación correrá a cargo da cantante Ana Angueira.